O Centro Empresarial do Polígono do Tambre inagúrase o 15 de abril de 1998. A sua construcción foi posible gracias a unha axuda concedida pola Consellería de Industria e Comercio e ás xestions realizadas pola Directiva ante SEPES para a compra dunha parcela de 3640 m2 sobre a que se asenta o complexo.
Trátase dun centro empresarial formado por tres edificios: un para a sede da propia asociación e duos para servicios auxiliares á actividade industrial, un destinado a cafetería-restaurante e outro a oficina bancaria.
A sede social dispon dunha área administrativa, onde desenvólvese a propia xestión da asociación, de vigilancia de los servicios del parque y de información y asesoramiento ás empresas.
Igualmente conta con salas de reunions a disposición dos asociados para realizar seleccions de persoal, reunions de traballo, presentacións de productos..., con capacidade de ata 35 persoas.
A configuración das salas adaptase ás necesidades de cada usuario de forma que tamén poden usarse como aulas de formación.
Así mesmo dispoñemos dunha aula de Tecnoloxías da Información das Comunicacións, con 16 ordenadores completamente equipados e con acceso a internet. Nela se celebran cursos organizados pola asociación para empresarios e traballadores do polígono. Seguindo o procedemento establecido para as salas de formación e de reunións, pode ser alugadas polos asociados e interesados en xeral.
Finalmente disponemos dun salón de actos con capacidade para 200 persoas onde os asociados fan presentacions de empresa e celebranse conferencias. |