SABADELLGALLEGO E A ASOCIACIÓN ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN

Mércores, 08 de Marzo de 2017

SabadellGallego (Grupo Banco Sabadell) e a Asociación Área Empresarial do Tambre asinaron un convenio de colaboración. O acordo foi rubricado polo presidente da Asociación Área Empresarial Polígono Tambre, Jesús Chenel e por Juan Luis Candamo, director rexional de SabadellGallego.



En virtude deste acordo, a Asociación Área Empresarial do Tambre aumenta a súa oferta de servizos para que os asociados poidan acceder a unha ampla variedade de servizos financeiros moi competitivos e a un asesoramento financeiro personalizado. SabadellGallego pon a disposición dos membros da Asociación Área Empresarial do Tambre un conxunto de produtos e servizos financeiros, en condicións preferentes, adaptados a súa economía profesional e persoal, sendo extensibles estas vantaxes aos seus familiares e empregados. Os asociados terán acceso a liñas de crédito que apoien a súa actividade exportadora así como beneficiarse da rede exterior de SabadellGallego, aproveitándose dos acordos que o banco ten suscritos con máis de 2.000 corresponsais nos cinco continentes. De igual forma, as empresas integradas na Asociación terán acceso ao protocolo “Pronto Pago de Pymes”, un servizo de xestión de pagos ao contado aos proveedores.