12 Razóns para o Emprego en Igualdade

Venres, 08 de Novembro de 2019

A calidade no emprego e a RSC foron os temas de debate onte na sede da Asociación do Tambre



No marco do programa "12 Razóns para o Emprego en Igualdade", onte na sede da Asociación do Tambre celebrouse unha xornada-coloquio organizada por Executivas de Galicia.

O acto foi inaugurado por Dna. Covadonga Toca, Secretaria Xeral de Emprego, e Dna. Carla Reyes, Presidenta de Executivas de Galicia.

Berta Caro e Almudena Bouza disertaron cos asistentes sobre a importancia da xestión do talento nas empresas e as tendencias en RSC

xornada