O Ministerio de Fomento licita a obra do orbital e o arranxo da SC-20 (periférico).
Coa publicación no BOE destas dúas licitacións ponse en marcha a maquinaria administrativa para a execución destas obras tan necesarias para a área empresarial e tan demandadas pola Asociación.
O Orbital, ademáis de darlle un impulso á zona de Sionlla, permitirá que os atascos que se viven na saída de Costa Vella se reduzan ao mínimo.
Por outra banda, o arranxo da SC-20 contribuirá a facer máis segura a circulación para os milleiros de conductores que a diario se desprazan entre a zona norte e a sur da cidade.