A correduría de seguros Clemente Piñeiro e a Asociación do Tambre asinan un convenio de colaboración
A través deste convenio as empresas e traballadores da área empresarial poderán beneficiarse dun asesoramento especializado na contratación de pólizas de seguros dos máis diversos ramos.
Así mesmo tamén se programarán accións formativas para coñecer riscos e modalidades de aseguramento que están xurdindo nos máis diversos campos.