CONVENIO DE COLABORACION

Luns, 03 de Agosto de 2020

O Concello e a Asociación asinan un Convenio de Colaboración



O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o Presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés, asinaron un convenio de colaboración a través do que o Concello aporta 50.000 para a realización de diversas actividades e mellora dos servizos da área empresarial.

Impulsar o polo de Biotecnoloxía, definir a proposta técnica do Centro de Fabricación Avanzada, interlocución cos axentes de interese no Polo, son algunha das actividades que se van a executar, todo elo co obxectivo da posta en valor das potencialidades de Santiago que favorezan o desenvolvemento industrial da cidade.

Concello e Asociación veñen traballando conxuntamente dende fai cinco anos, xunto coa Xunta de Galicia a través das Consellerías de MedioAmbiente e a de Industria, Economía e Emprego, a Universidade Compostelana e a Cámara de Comercio no marco do Acordo da Sionlla para favorecer o asentamento de empresas industriais ligadas ao sector da biotecnoloxía no parque de A Sionlla.

No Convenio contémplase, así mesmo, a colaboración paramanter o servizo de vixilancia co que conta a área empresarial.

logotipos