TAMBRE TRABALLA 2

Luns, 26 de Xuño de 2017

Unha vez rebasado o ecuador o  Plan de Emprego “Tambre Traballa 2” aborda os seguintes meses con moi bos resultados acadados.



Ó longo destos primeiros 6 meses este plan xestionou 89 ofertas de emprego de empresas dos polígonos Tambre, A Sionlla e Boisaca, e a súas áreas de influencia, así como de empresas situadas en diferentes centros comerciais da cidade. Este servizo que presta o plan de emprego ás empresas interesadas en realizar procesos de seleción é completamente gratuito, confidencial, áxil adaptado ás necesidades das empresas.

Resultado desta xestión, xunto coa orientación laboral, a formación e a realización de prácticas en empresas, das 60 persoas que participan del, 27 están traballando actualmente, 5 tiveron a oportunidade de facelo ó destos meses, e está previsto a incorporación doutras tres persoas máis nos próximos meses.