XORNADA DE NETWORKING. PROXECTO SPINUP

Xoves, 12 de Novembro de 2020

O 25 de novembro celebrarase esta nova actividade no marco do proxecto SPINUP



O proxecto SPINUP ten como obxectivo final estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía e coñecemento no Espazo de Cooperación, mediante o encontro das necesidades do tecido produtivo e a oferta de dous axentes xeradores de coñecemento en Galicia e Norte de Portugal. 

A xornada  terá unha parte de presentación das iniciativas emprendedoras e unha segunda de encontros B2B se quere comezar a poñer en contacto a empresas, colaboradores, investigadores e potenciais interesados/as da área de cooperación transfronterirza Galicia – Norte de Portugal. O rexistro está aberto ata o 15 de novembro para facilitar a organización de citas entre os participantes.

Pódese acceder a información, programa e rexistro no seguinte enlace:  http://jornadanetworking.spinup-project.eu/

Na mesma web pódense consultar os proxectos e empresas xa rexistradas.


O proxecto SPIN UP enmárcase no Programa INTERREG V-A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020 no eixo prioritario 2 “crecemento integrador a través dunha cooperación transfronteiriza a favor da competitividade empresarial”.En concreto, axústase á prioridade de investimento 3A que persegue a “promoción do espírito empresarial, en particular facilitando o aproveitamento económico de novas ideas e impulsando a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros de empresas”.

O proxecto está liderado por UNINOVA e participan como socios a Cámara de Comercio de Santiago, a Asociación Área Empresarial do Tambre, o IGAPE, a UNiversidade do Porto e ANJE.

Máis información do proxecto:
https://spinup-project.eu/evento