NOVOS EQUIPAMIENTOS NO CENTRO EMPRESARIAL

Luns, 27 de Decembro de 2021

A Asociación instala equipos para video-conferencia, teletraballo e control de calidade do aire 



Coa colaboración da Deputación de A Coruña a través dunha axuda concedida no programa FOENIA, a asociación instalou no Centro Empresarial do Tambre os equipamentos para que as empresas usuarias teñan unha maior accesibilidade as novas tecnoloxías de video-conferencia e teletraballo.

A pandemia vivida provocou cambios nos hábitos das actividades empresariais, moitas reunións de traballo, accións formativas,..., celébranse agora de xeito virtual. Estes novos equipamentos permitirán ás empresas da área unha maior conectividade e polo tanto mellorar a súa competitividade.

Por outra banda, tamén se instalaron detectores de control de diversos parámetros de calidade do aire e ambiental, convertindo o Centro Empresarial nun contorno de traballo máis seguro.