O Concello de Santiago e a Asociación renovan o convenio de colaboración para a consolidación do Biopolo de A Sionlla e mellora de servizos da área empresarial.
O acordo, aprobado en Xunta de Goberno e asinado pola concelleira de Promoción Económica, María Rozas e o Presidente da Asociación, José Fdez. Alborés, contempla a realización de accións encamiñadas a atraer proxectos empresariais ao Biopolo.
Tamén se contempla a colaboración entre o servizo de vixilancia da Asociación e a Policía Local, Bombeiros, etc., para a resolución inmediata das incidencias que poidan producirse na área empresarial.