DEFINICIÓN E IMPLEMENTACIÓN DE NÚCLEOS LOCALES DE TRANSFERENCIA PARA A PROMOCIÓN DE SPINOFFS UNIVERSITARIAS E STARTUPS INNOVADORAS
Obxectivo do proxecto SPIN-UP: Estimular a creación de empresas a través da transferencia tecnolóxica e coñecemento no espazo de ooperación, a través do encontro entre o tecido productivo e a oferta dos axentes que xeran coñecemento.
Mellorar as condicións para a aparición de novas iniciativas empresariais, creando entornos emprendedores, a partir dun mellor coñecemento entre Universidade e Empresa, e do fomento da innovación aberta.
Aglutinar capacidades para a creación de SpinOffs e StartUps, atendendo a retos industriais e a partir da creación dunha comunidade trasfronteiriza de “Núcleos Locais de Transferencia” (NLT).
Visibilizar o coñecemento xerado e rexistrado.
Validar o modelo NLT para a súa transferencia a outros territorios.
Resultados:
20 empresas creadas (10 en Galicia e 10 no Norte de Portugal)
40 modelos de negocio establecidos, a partir de servicios de asesoramento cualificado
7 patentes valorizadas, a partir de servicios específicos de xestión da propiedade industrial
1 modelo transferible de Núcleos Locales de Transferencia
1 rede de Núcleos Locales de Transferencia
1 carteira transfronteriza de patentes transferibles
1 rede transfronteriza de mentores e mentoras
60 postos de traballo de calidade con representación paritaria de homes e mulleres
Dinamización da cultura emprendedora a través da innovación aberta
Consolidación das relacións transfronteirizas Universidade-Empresa
Socios:
• Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela
• Sociedade para a promoción de iniciativas empresariais innovadoras, s.l.
• Asociación Área Empresarial do Tambre
• IGAPE – Instituto Gallego de Promoción Económica
• ANJE – Asociación Nacional de Jóvenes Empresarios
Proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional FEDER no marco do programa Interreg V A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020